top of page

¿Como nos organizamos?

A Asociación Cultural Vibra é unha entidade sen ánimo lucrativo fundada en 2012 con fin de difundir e promover a cultura galega emerxente no territorio galego, en España e Europa, favorecendo o intercambio cultural e de coñecementos.


Para levar a cabo os nosos fins realizamos actividades diversas como son:


- Organización de eventos e actuacións musicais.
- Obradoiros de iniciación a instrumentos musicais.
- Obradoiros de ecodiseño, bioconstrucción e artesanía.
- Obradoiros de artes escénicas como teatro ou circo para grandes e pequenos.
- Organización de xantares populares e recuperación de saberes tradicionais.

Organizámonos por medio de asambleas con periodicidade variable.

​

Formamos grupos de traballo máis autónomos para desenrolar proxectos e propostas que axuden a acadar os fins da asociación.

bottom of page