top of page

Proxectos

Obradoiros musicais
 

Unha parte significativa da asociación adícase profesionalmente á música. Se queres organizar un obradoiro percusión, vento, corda, improvisación... contacta con nós e veremos cómo podemos contribuir.

 

 

Eventos temáticos e diversidade de culturas


A asociación Vibra organiza eventos culturais, promovendo música de calidade e grupos emerxentes galegos, españoles e internacionais.

 

Tratamos de aportarlles un carácter temático que poña en coñecemento dos soci@s e outros públicos os rasgos das músicas tradicionais e a súa fusión con novas tendencias ou ben amplíen a nosa información en canto a temas de actualidade e interese xeral, e coñecemento das tradicións locais e foráneas.

Obradoiros de elaboración de productos artesanais
 

Recentemente comezamos a facer difusión en concreto da cultura cervexeira. Facemos obradoiros nos que aprender da súa historia, método de elaboración, as súas propiedades alimentarias e cómo achegar a calqueira persoa a posibilidade de facela de forma moi sinxela na súa propia casa.

 

Contacta con nós si estás interesado/a e queres obter máis información.

Obradoiros e autoconstrucción

 

Gústanos a autoconstrucción en tódolos seus sentidos, aprender a aproveitar os recursos naturais e mailos residuos para obter insfraestructuras útiles que satisfagan necesidades sen provocar serios impactos ambientais (e impactos sociais asociados).

 

 

Por iso queremos aprender e amosar novas e vellas técnicas de construcción que nos permitan ser máis autónomos á hora de afrontar un proxecto. 

bottom of page