espazos vibra

To play, press and hold the enter key. To stop, release the enter key.

Lugar e Historia

Non son moitos os viaxeiros e viaxeiras que, durante a súa peregrinaxe, aventuráronse a tomar o camiño de Balboa dende a encrucixada de Ambasmestas. Quenes o fixeron disfrutaron entón do val de Balboa, co río do mesmo nome e a docena de pobos que o integran, sempre calificados como amenos, apacibles...e cunha admirable paisaxe. 

 

A configuración orográfica do val de Balboa, e a fronteira común coa serra de Cervantes, na provincia de Lugo, caracterizaron este municipio cun dos máis identificados coa idiosincrasia galega.

 

O profesor Jesús García García, bercianista de vocación, e asturiano de nacemento, describe na súa obra "Pueblos y Ríos Bercianos", o territorio de Balboa, desta maneira: «Está situado en el extremo occidental del Bierzo y es uno de los municipios más plenamente galleguizados, tanto en el habla usual como en la toponimia. Se puede afirmar sin duda que los leonesismos que hay son de origen muy moderno».

 

Semella que o nombre de Balboa —Valboa— ven do latín Vallis-Bona —en latín vallis era feminino—, e ainda que en castelán terminou sendo «Valbuena», xa sabemos que en Galiza o «Bona» quedouse en «Boa».

 

O que non é moi explicable é que o topónimo «Valboa», como foi en principio, trocase a firmeza habitual da súa ortografía por o de «Balboa».

 

O certo é que, dende as súa orixes, influiu a bondade da terra nos que puxéronlle o nome.

 

Convidámosche a saber máis.

A historia do Vibra e corta e itinerante. Despois de unha primeira edición na Coruña (o Vibra Garufa) trasladámosnos a un lugar marabilloso situado nun val berciano, con nome de boxeador de cine e situado casi na fronteira galega e leonesa: Balboa.

 

Non será o primeiro festival que acolle Balboa, xa que conta co ReggaeBoa, A Noite Máxica de San Xoán e o magosto. Cremos que este pequeno paraíso é digno de visitarse, de ahí a decisión de moverse a estas terras veciñas. Cremos tamén na importancia de coidar destes pobos ao mesmo tempo que lles damos vida; pobos que co actual modelo de "desenrolo" van caendo a miudo no olvido e despoboándose paulatinamente.

 

Balboa é unha pequena vila con moi poucos habitantes pero cunha grande riqueza natural. Co río co mesmo nome cruzando polo centro ó lado dalgunhas das estructuras típicas de esta rexión, as pallozas.

 

Queremos difundir (humildemente) unha pequena parte da cultura lugareña, das súas xentes e historia, e ó mesmo tempo difundir unha cultura non mercantilizada, a prezos populares, accesible, diversa e non comercial.

 

Por iso o Vibra Balboa lévase a cabo sen grandes esponsors nin subvencións, reutilizando o máximo de materiais na súa decoración e nútrese enormemente grazas ás aportacións do traballo voluntario.

 

Invitámoste a propoñer, colaborar, coñecer e disfrutar nas actividades do Vibra Balboa. Grazas a todas as persoas que colaboran para que sexa posible!