top of page

Semellounos importante coñecer o terreo que pisábamos e o noso entorno, polo que durante os meses de Febreiro e Marzo comezamos unha pequena pequisa audiovisual ao redor das costumes e historia da parroquia de Morás e os seus e lindes.


Durante o mes de Marzo pedimos algún veciños e veciñas de Uxes, Morás, Souto e Santa Icía que nos contaran as súas vivencias e o xeito en que viran mudar as súas vilas. Fixemos unha viaxe por varias xeracións, compartindo charlas con Lola, unha veciña de mais de 90 anos de familia gandeira que naceu e medrou na vila; Ignacio, membro activo das comparsas e organizador de Entroidos; a familia Parada, quen nos falou dos muiños comunais e do porco de San Antonio… e moitos mais.


Á dereita podemos ver algunas imaxes do video resultante, que toca temas como a evolución socioeconómica da vila, as infraestructuras, os festexos populares e outras costumes, a gastronomía, as relacións entre veciños ou a escola.

E ti...¿Que sabes de Morás? Pequena pesquisa audiovisual - Marzo e Abril de 2015

CONCERTO SOLIDARIO CO BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS - 9 de Maio de 2015

Grazas a todas as persoas que puxeron da súa parte para montar unha tarde na que vernos as caras, saltar, xogar, comer... e axudar ao banco de alimentos e tódala xente que traballa voluntariamente para paliar os efectos do que outros provocan coas súas prácticas. ¡Arriba ese apoio entre veciños e veciñas!

 

Durante a tarde realizáronse actividades para nenos e nenas e diversas actuacións musicais ao caer a tarde.

 

As actuación foron a cargo dos grupos galegos Chotokoeu (Swing, Balkan, Klezmer), Perfusión (Fusión de ritmos africanos con folklore galego tradicional), e outros .


Preto de 40 persoas da vila colaboraron para que fose posible ofrecer xantar e desenrolar actividades de lecer durante todo o día.

PRESENTACIÓN: E ti...¿Que sabes de Morás?- 16 de Maio de 2015

Como mostra o cartaz da convocatoria a presentación do video levouse a cabo no Centro Cívico de Uxes, no que ademáis os veciños concursamos coas nosas mellores tortillas e disfrutamos das actuacións do grupo infantil de baile da Asociación Queiroa coa colaboración de Os do Xalo á percusión, voz e gaita.


Temos previsto realizar unha nova presentación do video con melloras no son, inclusión de imaxes antigas da parroquia, e subtítulos adaptados tamén a persoas de maior idade.

O evento do ano!! :D 
Preto de 50 persoas participan neste evento no que se levan a cabo as Olimpiadas Rurais Interparroquiais e un xantar “de traje” onde compartir as nosas delicias culinarias. 


A xornada comezou con xogos rurais e cunha sesión vermú no Bar Pombo.
Pola tarde, como en edicións anteriores, realizáronse actuacións de teatro de diversos contidos (cómico, tráxico e experimental).


Nesta ocasión participaron Marta Iglexias, da Asociación Manicómicos de A Coruña, cunha actuación de teatro cómico, Rosalía Pichel e Alejandro Jaspe, coa súa reflexión traxicómica sobre a Violencia “Quere te con Jotas?” e DKS Teatro Político coa actuación “A la sombra del títere”.


Tralas actuacións disfrutamos dunha jam session que misturou ritmos klezmer e balkánicos coa foliada tradicional. A aportación musical veu da man da Patxaranga, Os do Xalo e algún músicos independientes que acudiron á cita.


Á dereita algunas imaxes do evento tomadas por David Torreiro.

FESTIVAL INTERPARROQUIAL RURALCHUP 13-14 - 13 de Decembro de 2015

Canya Viva e Familiar Fest nunha semana de convivencia no Val de Balboa

Técnicas de construcción de baixo impacto: Si queres aprender oprixinais técnicas de construcción con caña está é a mellor oportunidade. É un sistema de construcción versátil, duradero, resistente e novidoso. É posible misturalo con outras técnicas de revoque ou teitado e adaptalo ás condicións do entorno onde se queira ubicar. Material fácil de obter e de baixo custo. Si queredes saber máis atendede ás nosas convocatorias. O deseño e ensinanza correrán a cargo de Canya Viva que estarán no Bierzo entre o 28 de Agostoe o 4 de Setembro. Máis información sobre o colectivo e a súa experiencia en www.canyaviva.com.

 

Electrónica ao teu alcance: Familiar Fest é un colectivo que oferta obradoiros de electrónica en código aberto: ¿Qué quere dicir? Que pon ao teu alcance a posibilidade de construir os teus propios deseños, de reproducir instrumentos electrónicos coas túas mans e de aprender a empregalos como tí queiras. Todo isto empregando os recursos xustos e necesarios sen grandes inversións. Familiar Fest pon a tecnoloxía ó servizo das persoas e non o contrario. Se queres saber máis visita www.famfest.info.

Conseguimos Zinético, e agora?

Pois agradecer a vosa colaboración!

Moi cedo tamén poderemos anunciar os concertos da Patxaranga (versión acústica de ChotokoEu) que se levarán a cabo no Camping A Gaivota (Barreiros, Lugo) e no Concello de Balboa (O Bierzo), gracias ás aportacións que fixeron a Zinético para que estes obradoiros e instalacións foran posibles.

CONSEGUIDO!! ZINÉTICO: Convivencia creativa:

Obradoiros a partires do 29 de Agosto en Balboa

Novas Vibra Festival

Vibra! é un proxecto que promove a  a cultura libre, o arte, a diversidade e o pensamento crítico...

...porque a túa creatividade ten moito poder transformador

PRÓXIMOS EVENTOS. MINIFEST SOLIDARIO

2 de Xullo de 2016

PROGRAMA DA XORNADA

18:00 Sesións informativas.

Táboa redonda.

  • Situación actual e pasada. O dereito de asilo e as persoas refuxiadas: claves xurídicas. Jorge Quindimil. Profesor de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Universidade da Coruña.

    • Retrospectiva e historia: ¿Que é o dereito de asilo? Antecedentes. El estatuto de los refugiados es de 1951 e Leis nacionais.

    • Acordo UE-Turquía, ¿É ilegal?

    • Perspectivas e posibilidades futuras das persoas desprazadas.

 

  • ¿Que está pasando en Siria? Nour al Hussen. Politóloga, bloguera e activista de orixe sirio. nouralhussenvilla.blogspot.com.es/

 

  • ¿Que podemos facer nós?  AIRE (Asociación Integral de Rescate en Emerxencia) e Plataforma Coruña contra a Guerra.

    • Iniciativas de apoio nos países destino. Pase de fotos sobre a situación do Campamento de Katsikas. Fotografías de Cristina del Campo Martín.

    • Accións locais para a integración de persoas migrantes.

18:00 Actividades infantís: Xogos tradicionais, pintacaras, slackline e globoflexia.

19:30 Teatro, circo e maxia.

20:00 Churrascada e Foliada

21:00 Actuacións e concertos

21:00 Concerto e baile afrogalego con Perfusión

22:00 Concerto de Folkólicos (Folk-fusion)

23:00 Concerto de Chotokoeu www.chotokoeu.com

24:00 Dj Hadri H

Os beneficios da barra e o xantar irán destiñados aos proxectos desenrolados nos campamentos de Katsikas, Doliana e Tsepelovo a través da organización no gubernamental A.I.R.E, en materia de información da poboación, mellora das infraestructuras, hixiene e alimentación.

bottom of page